Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2019 de 17 de xaneiro, comunicado na circular 1/2019 de 31 de xaneiro, creouse 1 praza de arquitecto/a (titulado/a superior) para que preste as funcións de arquitecto/a de visado na delegación de A Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na sede colexial, así como as funcións de persoal de apoio á área de formación.
Neste sentido, en virtude do previsto no art. 9 do Convenio Colectivo do COAG e na circular referida, tras quedar deserto o concurso interno para cubrir a devandita praza, o Tribunal designado para realizar o proceso de selección, determinou a realización dunha convocatoria libre para prover dita vacante nos termos previsto na circular nº 4/2019 de 22 de marzo.
RELACIÓNS DE INSCRITOS/AS
Rematado o proceso de inscrición e tras verificar que as solicitudes de inscrición presentadas, constan como completas e conformes ás bases da convocatoria as solicitudes dos/as 37 colexiados/as que figuran na relación, ordenada por orde alfabética, dispoñible no seguinte ENLACE
PROBAS PRESENCIAIS
Os/As 37 colexiados/as indicados foron convocados para realizar as probas presencias que terán lugar na Escola Galega de Administracións Públicas o xoves 11 de abril en horario de tarde.
ENTREVISTA (PROBA DE GALEGO E/OU ACREDITACIÓN DE MÉRITOS)
Os 4 candidatos con mellor puntuación no conxunto das probas presenciais máis aqueles que lles igualen en puntuación, pasarán á fase de entrevista persoal sempre e cando teñan acreditado o nivel de coñecementos de idioma galego requirido (CELGA 4 ou equivalente) e aportado os comprobantes dos méritos declarados no curriculum vitae.
En caso de non dispoñer das acreditación indicadas, a Secretaría colexial procederá da seguinte forma, convocarase aos candidatos seleccionados que non acreditarán o CELGA 4 ou equivalente para a realización dunha proba específica de galego e indicarase aos colexiados acreditados que non aportaran algunha da documentación acreditativa dos méritos recollidos no seu curriculum vitae o prazo e forma de aportar a mesma.
En caso de que algún dos candidatos seleccionados que o precisen, non supere a proba de galego e/ou o trámite de acreditación de méritos, quedará descartada a súa participación na entrevista.