Infórmase do remate o día 17 de setembro, ás 14,00 horas, do prazo para a presentación de candidaturas, na plataforma online de xestión de premios da web colexial, para os premios «Gran de Area 2020».
As Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
As bases poderanse consultar no seguinte ENLACE
A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas