Presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020

23 Abr 2020

Tal e como se indica na Circular 6 2020, o pasado 13 de marzo saíu publicado no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2020 do Instituto Galego de Vivenda e Solo, comunicando a convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2020.

Toda vez que na base terceira do seu Anexo I, establécese que a presentación das candidaturas serán feitas polas entidades con representación no xurado, a Xunta de Goberno na súa sesión 04/2020 de 2 de abril adoptou o acordou de establecer un procedemento para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, fixando un prazo límite de entrega. Todas as propostas que se reciban, sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria da Consellería, serán presentadas como propostas aos premios por parte do COAG.

AVISO IMPORTANTE: tal e como se indica na web da Xunta de Galicia coa información destes Premios https://premiosarquitectura.xunta.gal/gl/o-concurso:

Os prazos para a tramitación deste procedemento están suspendidos de conformidade co establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o citado real decreto ou, de se lo caso, as súas prórrogas.

Nese sentido, o prazo do 13 de maio previsto na Resolución do IGVS pola que se efectúa a convocatoria (2 meses desde publicación no DOG, segundo establece a base terceira 1) como data límite para a presentación de candidaturas polo COAG e demais entidades integrantes do xurado, vese ampliado polo estado de alarma no que nos atopamos, que á data de publicación desta convocatoria ten prevista a súa duración ata o 26 de abril.

Dito prazo e suspensión é aplicable ao COAG como entidade lexitimada para presentar candidaturas.

Non obstante, decidiuse establecer como prazo límite para que os colexiados presenten as súas propostas ao COAG, a do 2 de xuño de 2020. Dita data non será prorrogada en caso de ampliación do estado de alarma, ao entender que o prazo habilitado desde a presente convocatoria é tempo suficiente para aportar as propostas co COAG .

Conforme ao anterior, establecese un procedemento previo colexial para optar a ditos premios segundo as seguintes CONDICIÓNS:

Modalidade de premios e mencións.

Conforme ao indicado na RESOLUCIÓN do 5 de marzo indicada, establécense as seguintes modalidades de premios:

  • Premio galego de arquitectura. Referente a edificacións de nova planta ou ampliación (sempre que esta teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente á construción orixinal), con un premio: 6.000,00 €
    Premio galego de rehabilitación. Referente a edificacións rehabilitadas relativas a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente, con un premio de 6.000,00 €.
    Premio especial á sustentabilidade. O xurado poderá outorgar premios na categoría especial de Sustentabilidade, referente a aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras, con un premio de 4.000,00 €.

Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.

Tamén se establece un premio especial á traxectoria profesional 2020, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego, cunha dotación económica de 6.000 €. Nesta modalidades non se poderán presentar propostas, xa que a proposta do COAG será determinada mediante acordo da Xunta de Goberno.

Requisitos e condicións dos candidatos.

Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2020, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2019.

Por outra parte, poderán presentar as propostas de candidaturas para que sexan presentadas polo COAG, as persoas físicas o xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Figurar como colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou no Rexistro de sociedades profesionais.
    Atoparse ao corrente das súas obrigacións colexiais e en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
    Ser os autores dos proxectos presentados como candidatos os cales deben corresponder a obras rematadas entre os días 1 de xaneiro de 2018 e 31 de decembro de 2019.
    Unha mesma obra só pode concursar nunha categoría.
    Cada arquitecto ou sociedade profesional, só poderá presentar unha obra por categoría, isto implica que só se pode presentar unha obra por persoa física/xurídica e categoría.

Prazo e forma de presentación

O prazo de presentación rematará ás 12:00 horas do 2 de xuño.


Presentación de candidaturas a los Premios de Arquitectura y Rehabilitación de Galicia 2020.

Tal y como se indica en la Circular 6 2020, el pasado 13 de marzo salió publicado en el DOG la RESOLUCIÓN del 5 de marzo de 2020 del Instituto Gallego de Vivienda y Suelo, comunicando la convocatoria de los Premios de Arquitectura y Rehabilitación de la Comunidad Autónoma de Galicia 2020.

Toda vez que en la base tercera de su Anexo I, se establece que la presentación de las candidaturas serán hechas por las entidades con representación en el jurado, la Junta de Gobierno en su sesión 04/2020 de 2 de abril adopto el acuerdo de establecer un procedimiento para que los colegiados que estén interesados en participar puedan presentar sus obras a dichos premios, fijando un plazo límite de entrega. Todas las propuestas que se reciban, siempre y cuando cumplan con los requisitos de la convocatoria de la Consellería, serán presentadas cómo propuestas a los premios por parte del COAG.

AVISO IMPORTANTE: tal y como se indica en la web de la Xunta de Galicia con la información de este Premios https://premiosarquitectura.xunta.gal/es/o-concurso

Los plazos para la tramitación de este procedimiento están suspendidos de conformidad con el establecido en la disposición adicional tercera del Real Decreto 463/2020, del 14 de marzo, por lo que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 y en el apartado séptimo del Acuerdo del Centro de Coordinación Operativa (CECOP), mediante lo que se adoptan medidas preventivas en lugares de trabajo del sector público autonómico como consecuencia de la evolución epidemiológica del coronavirus COVID-19.

El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el citado real decreto o, de se lo caso, sus prórrogas.

En ese sentido, el plazo del 13 de mayo previsto en la Resolución del IGVS por la que se efectúa la convocatoria (2 meses desde publicación en el DOG, segundo establece la base tercera 1) cómo fecha límite para la presentación de candidaturas por el COAG y demás entidades integrantes del jurado, se ve ampliado por el estado de alarma en el que nos encontramos, que a la fecha de publicación de esta convocatoria tiene prevista su duración hasta el 26 de abril.

Dicho plazo y suspensión es aplicable al COAG cómo entidad legitimada para presentar candidaturas.

No obstante, se decidió establecer como plazo límite para que los colegiados presenten sus propuestas al COAG, la del 2 de junio de 2020. Dicha fecha no será prorrogada en caso de ampliación del estado de alarma, al entender que el plazo habilitado desde la presente convocatoria es tiempo suficiente para aportar las propuestas con el COAG.

Conforme a lo anterior, establece un procedimiento previo colegial para optar a dichos premios segundo las siguientes CONDICIONES:

Modalidad de premios y menciones.

Conforme a lo indicado en la RESOLUCIÓN del 5 de marzo indicada, se establecen las siguientes modalidades de premios:

  • Premio gallego de arquitectura. Referente a edificaciones de nueva planta o ampliación (siempre que esta tenga suficiente entidad como para poder ser valorada de forma independiente a la construcción original), con un premio: 6.000,00 €
  • Premio gallego de rehabilitación. Referente a edificaciones rehabilitadas relativas a intervenciones de recuperación y adecuación del parque edificado existente, con un premio de 6.000,00 €.
  • Premio especial a la sostenibilidad. El jurado podrá otorgar premios en la categoría especial de Sostenibilidad, referente a aquella actuación que suponga la implementación de una arquitectura responsable con el ambiente, los recursos y las generaciones futuras, con un premio de 4.000,00 €.

Entre las actuaciones que no obtuvieran premio, podrán ser objeto de mención aquellas que el jurado aprecie cómo merecedoras de un especial reconocimiento.

Requisitos y condiciones de los candidatos.

Podrán optar a los premios, excepto al especial a la trayectoria profesional 2020, los proyectos arquitectónicos de edificaciones finalizadas en la Comunidad Autónoma de Galicia entre el día 1 de enero de 2018 y el 31 de diciembre de 2019.

Por otra parte, podrán presentar las propuestas de candidaturas para que sean presentadas por el COAG, las personas físicas lo jurídicas que cumplan los siguientes requisitos:

Figurar cómo colegiados en el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia o en el Registro de sociedades profesionales.
Encontrarse al corriente de sus obligaciones colegiales y en plenitud de sus derechos como colegiados.
Ser los autores de los proyectos presentados cómo candidatos los cuales deben corresponder a obras rematadas entre los días 1 de enero de 2018 y 31 de diciembre de 2019.
Una misma obra sólo puede concursar en una categoría.
Cada arquitecto o sociedad profesional, sólo podrá presentar una obra por categoría, esto implica que sólo se puede presentar una obra por persona física/jurídica y categoría.

Plazo y forma de presentación

El plazo de presentación finalizará a las 12:00 horas del 2 de junio.

Compartir