O COAG participa un ano máis na SELIC. Festival da Lectura para dar a coñecer a súa actividade editorial

12 xuñ 2024

A participación do COAG na feira SELIC (Semana do Libro de Compostela) é unha demostración da importancia que tivo nos últimos 50 anos de vida do COAG o mundo editorial. Durante ese longo período o Colexio de Arquitectos de Galicia participou de maneira continua na promoción da cultura non só arquitectónica, senón histórica, etnográfica e artística, nas súas mais diferentes facetas, a traves da edición de innumerables publicacións de diferentes formatos.

Neste SELIC 2024 o público poderá observar unha selección histórica do conxunto das citadas publicacións desde 1974 ata hoxe mesmo abarcando didáctica, arte, investigación e comunicación en e ao redor da arquitectura. O COAG ten o compromiso a través da presenza na SELIC e noutras feiras editoriais de estar preto e á beira a cidadanía e o espazo público compartindo o seu coñecemento mediante as súas publicacións históricas e actuais.

Do 7 ao 16 de xuño na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela.

Máis información: https://selic.gal/gl/

Compartir