Ante a aplicación obrigatoria a partir do 13 de marzo do novo DB HE, fíxose pública na web oficial do CTE unha nota informativa da Subdirección Xeral de Arquitectura e Edificación do Ministerio de Fomento co obxecto de clarificar e informar sobre as cuestións que poidan xurdir en relación cos métodos informáticos para a verificación das esixencias de limitación de demanda e consumo enerxético establecidas no Documento Básico de Aforro de Enerxía DB-HE.

Enlace á nota informativa

Na comunicación indícase o seguinte:

  1. Confírmase a coesxistencia das ferramentas existentes, oficiais e recoñecidas durante un período de 9 meses, seguindo os criterios técnicos do Anexo da mesma Nota Informativa.
  2. Esta coexistencia de ferramentas oficiais non significa unha ampliación do cumprimento das anteriores esixencias regulamentarias.
  3. Anúnciase de xeito oficial unha nova ferramenta oficial denominada «ferramenta unificada LIDER-CALENER», para a verificación das esixencias 2.2.1 da sección HE0, 2.2.1.1 e punto 2 do apartado 2.2.2.1 da sección HE1.
  4. A «Ferramenta unificada LIDER-CALENER» estará dispoñible na web oficial do CTE no seguinte enlace.