Proceso de selección para a designación de 4 arquitectos colexiados aos que o Concello de Lugo invitará a remitir oferta para a adxudicación dun contrato menor de redacción dun informe técnico de valoración de 3 parcelas en solo urbano para tramitación de expedientes ante o Xurado de Expropiación de Galicia.

13 Out 2020

Tal e como se anuncia na Circular 24 2020, convócase un proceso de selección para a designación de 4 arquitectos colexiados aos que o Concello de Lugo invitará a remitir oferta para a adxudicación dun contrato menor de redacción de un informe técnico de valoración de tres parcelas en solo urbano para tramitación de expedientes ante o Xurado de Expropiación de Galicia.

O Concelleiro Delegado de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, remitiu unha comunicación ao COAG (con data de entrada 6/10/2020) informando que o Servizo de Urbanismo – Xestión Urbanística está a tramitar, de conformidade ao establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, un contrato menor de servizos para a redacción dun “Informe técnico de valoración de tres parcelas en solo urbano para tramitación de expedientes ante o Xurado de Expropiación de Galicia”.

Coa finalidade de garantir a máxima transparencia e publicidade na contratación, dito organismo solicitou a colaboración do Colexio, aos efectos de que remita un listado de catro (4) arquitectos aos que posteriormente se lles remitirá a documentación necesaria para presentar a correspondente oferta.

Por tal motivo, determinouse convocar un proceso de selección por sorteo, para atender o requirimento do Concello de Lugo , entre todos/as colexiados/as inscritos que cumpran as condicións e requisitos que se refiren a continuación.

Máis información na CIRCULAR 24 2020.

Compartir