Inauguración da exposición “Domingo de Andrade: xenio e oficio” en Lugo

0
Posted by / 17 octubre 2020 / Categories: Activa, coag, Cultura, Publicada en Portada / -

O venres 16 de outubro, tivo lugar na Praza de San Marcos en Lugo, a inauguración da exposición «DOMINGO DE ANDRADE: XENIO E OFICIO», organizada con motivo do Día das Artes Galegas 2020 pola Consellería de Cultura e Turismo e o COAG. A exposición poderase contemplar ata o 5 de novembro de 2020.Estades tod@s invitad@s.

Andrade é o mestre galego ao que a Real Academia Galega de Bellas Artes dedica o Día das Artes Galegas 2020, para a difusión da súa figura e traxectoria artística. Andrade é un dos primeiros grandes arquitectos naturais de Galicia en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do século XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablística e a construción. A exposición consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas como Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Oseira, Sobrado, Tui…

Construcións relixiosas e civís, templos e vivendas, claustros e sacristías, retablos e tabernáculos, mesmo escribiu un tratado de arquitectura. Os historiadores da arte seguen aportando constantemente novos datos e novas sobre a súa vida e produción, actualizando a visión que se ten da mesma.
Destacan, entre as súas numerosas obras, na catedral de Santiago a Torre do Reloxo, o tabernáculo, a porta Real e a capela do Pilar. Reconstruíu tamén en Compostela as dependencias dos conventos e mosteiros de Santa Clara e Bonaval, e tamén en Sobrado dos Monxes. O seus retablos son numerosos, algúns xa desmontados e outros trasladados de templos. Modernizou a arquitectura civil de Santiago no século XVII, con edificios de vivendas de clara planificación urbana, como a ordenación da Quintana. “Andrade deseñaba e elaboraba cunha mestría e oficio dignos dun xenio” –sinalan os comisarios da mostra, Soraluce e Yzquierdo–.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube