Encontro presencial co concelleiro de urbanismo sostible do Concello de Lugo

24 Set 2020

Tras aceptar a invitación da nosa Presidenta da Delegación  de Lugo  Dña. Carmen Figueiras Lorenzo, o Sr. Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, D. Miguel Couto Alonso celebrará un encontro presencial cos/as colexiados/as interesados en participar, que se celebrará o día 29 de setembro a partir das 19:30 horas.

A finalidade deste encontro é ofrecer unha oportunidade a que os/as colexiados/as e as colexiadas interesados/as podan trasladarlle as súas preocupacions, en especial con respecto a asuntos como: á demora nos prazos para facer consultas no servicio de arquitectura e para obter licencias dos seus proxectos.

A intención de ter esta reunión é a búsqueda conxunta de solucións ós problemas que están a manifestar moitos compañeiros e compañeiras. Dende a Xunta Directiva queremos recalcar a importancia que ten esta reunión cara ao futuro en relación a nosa profesión co Concello de Lugo.

As prazas estarán limitadas polas restriccións sanitarias vixentes.

Tamén se empraza aos/ás colexiados/as que non poidan asistir e estean interesados en trasladar as súas consultas ao Sr. Concelleiro, poderán facelas chegar por correo no enderezo indicado a continuación. 

INSCRICIÓN

Aqueles colexiados que desexen asistir presencialmente, deberán inscribirse no seguinte ENLACE antes das 13 horas do 29 de setembro. Pechado este prazo, comunicaráselles se dispoñen de praza para a asistencia presencial.

ENVÍO DE CONSULTAS PARA QUE SEXAN LIDAS NA SESIÓN

En caso que non poidan asistir e estean interesados en trasladar as súas consultas ao Sr. Concelleiro, poderán facelas chegar por correo no enderezo indicado a continuación. 

xd.lugo@coag.es

SUXESTIÓNS E CONSULTAS SOBRE A ORGANIZACION DO ENCONTRO

En caso de querer realizar algunha consulta ou suxestión, podedes remitilo ao seguinte enderezo:

xd.lugo@coag.es

 

Compartir