Convocatoria “Grupo de Traballo: Plan de Igualdade”

6 Mar 2024

O Plan de Igualdade aprobado polo CSCAE establece unha serie de propostas de actuación para que Colexios de Arquitectos contribúan, no marco das súas competencias, a dar cumprimento á Ley Orgánica 3/2007 de 22 de marzo para la Igualdad Efectiva de Mujeres y Hombres, que establece o dereito á igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Conforme ao anterior,  convócase a todas aquelas persoas colexiadas interesadas en participar nun Grupo de Traballo, que permita o seguemento  e desenvolvemento das medidas e accións que favorezan o seu cumplimento no ámbito do noso Colexio.

A Secretaria do COAG, en calidade de persoa designada pola Colexio para o seguimento do Plan de Igualdade ante o CSCAE, encargarse de realizar a coordinación do grupo.

A constitución deste Grupo de Traballo ten como obxectivo principal, apoiarse neste documento e focalizar os  esforzos en accións con capacidade transformadora que permitan revertir ou minorar as situacións de desigualdade no sector, especialmente vencellado ó ambito galego.

Unha tarefa para a que se convida á participación de todas as persoas colexiadas interesadas en aportar a súa visión e ideas. As inscrición deberán realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://form.jotform.com/240652762384056

O formulario permitirá a inscrición en calquera momento, non obstante, está previsto celebrar unha primeira reunión do grupo de traballo a mediados do mes de marzo, polo que se prega que as persoas interesadas en participar nesa primeira reunión, o indiquen á maior brevidade posible, e, en todo caso, antes das 14:00 horas do vindeiro 13 de marzo.

Compartir