Tal e como se indica na Circular 25 2024, convócase a XXI edición dos Premios COAG de Arquitectura, a conceder a obras de arquitectura en distintas categorías, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou, no caso da categoría “Obra no exterior”, fóra de Galicia realizadas por arquitectos/as galegos.
As obras presentadas deberán ter sido rematadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2024, excepto na categoría “Obra no exterior” que, ao tratarse dunha nova categoría, poderán presentarse candidaturas rematadas dende o 1 de outubro de 2018.
As categorías destes premios son as seguintes:
1.- Vivenda Unifamiliar.
2.- Vivenda Plurifamiliar.
3.- Outros edificios.
4.- Obras de rehabilitación patrimonial e restauración.
5.- Obras de Deseño Interior.
6.- Arquitecturas Efémeras e Deseño de pequena escala.
7.- Planificación Urbana.
8.- Deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo.
9.- Divulgación e Investigación.
10.- Proxecto Fin de Carreira.
11.- Obra no exterior.
12.- Categoría especial: Premio a toda a Traxectoria Profesional.
O prazo de presentación das propostas remata ás 23:59 horas do luns 20 de xaneiro do 2025.