O COAG convoca unha bolsa de traballo para seleccionar por sorteo a 2 colexiados que se encargarán da localización e outras xestións relativas aos expedientes pedidos polos seus autores, así como ao expurgo da documentación obrante no arquivo da Delegación de Ourense, conforme ao procedemento previsto na circular 31/2015.

Conforme ao procedemento colexial establecido para estes casos, os 2 colexiados serán designados por sorteo entre os que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concurrir a esta convocatoria. Como consecuencia do sorteo establecerase unha orde de prelación para a xestión do encargo.

O prazo límite de inscrición remata ás 23:59 horas do vindeiro domingo 7 de febreiro.

Para realizar a inscrición e obter mais información sobre esta convocatoria, deberase consultar o apartado de emprego dentro panel de servizos da web colexial, no seguinte ENLACE