No BOP Lugo do 30 de xullo aparece o anuncio do Concello de Cospeito das bases da convocatoria de proceso selectivo de formación dunha lista de emprego para posibles nomeamentos interinos de posto de arquitecto/a na mancomunidade de municipios da “Terrá Chá”
O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días naturais seguintes ao da súa publicación no BOP.
BOP LU 30/07/2020 (páx. 12, r. 1634)
Nota aclaratoria das bases da convocatoria (páx. 15, r. 1725) BOP LU 04/08/2020
Infórmase que, segundo acordo de Xunta de Goberno, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.