Procedemento extraordinario para as tramitacións dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias de orixinais emitidos en papel ou orixinais dixitais levados en papel

0
Posted by / 4 abril 2020 / Categories: Circulares, coag, Publicada en Portada / -

Tal e como se anuncia na Circular 3 2020, o COAG, seguindo e en aplicación directa do réxime xurídico imposto polo Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma así como as recomendacións das autoridades, adoptou unha serie de medidas preventivas e que posibiliten ao tempo o funcionamento do Colexio, establecendo a atención por medios exclusivamente telemáticos. Así mesmo, dadas as medidas de confinamento e restricións á mobilidade impostas polo estado de alarma así como as medidas impostas e recomendadas para evitar os  contaxios, resulta desaconsellable nestes momentos a entrega física da devandita documentación.

Tendo, así mesmo, en conta que o visado é unha función xurídica pública que non se paralizou, entendese que o procedemento excepcional e transitorio proposto pola Area Técnica colexial, que supón a  inaplicación transitoria da “Guía de tramitación de traballos profesionais” para as tramitacións especiais da documentación orixinal en papel, resulta xustificada e proporcionada ás circunstancias actuais e aos intereses afectados.

Conforme ao preámbulo anterior, a Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2020 de 2 de abril, adoptou o seguinte ACORDO:

APROBAR A APLICACIÓN DO “PROCEMENTO EXTRAORDINARIO PARA A TRAMITACIÓN DOS LIBROS DE ORDES E ASISTENCIAS E LIBROS DE INCIDENCIAS DE ORIXINAIS EMITIDOS EN PAPEL OU ORIXINAIS DIXITAIS LEVADOS EN PAPEL” QUE SE ACOMPAÑA, PROPOSTO POLA ÁREA TÉCNICA COLEXIAL, NAS SEGUINTES CONDICIÓNS:

  • O PROCEDEMENTO APLICARASE DESDE O MOMENTO DA PUBLICACIÓN DESTE ACORDO EN CIRCULAR COLEXIAL ATA QUE O COLEXIO LEVANTE AS MEDIDAS EXCEPCIONAIS DE PREVENCIÓN DO COVID-19 IMPERANTES AGORA MESMO, QUE LIMITAN A ATENCIÓN COLEXIAL A MEDIOS TELEMÁTICOS.
  • A FINALIZACIÓN DA APLICACIÓN DO PROCEDEMENTO SERÁ ACORDADA POLA SECRETARÍA COLEXIAL E COMUNICADA EN CIRCULAR COLEXIAL.

Por último, indicar que o procedemento pódese consultar no panel de servizos colexiais, no seguinte ENLACE.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube