Tal e como se anuncia na Circular 17 2022, anúnciase a convocatoria para a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos dos veciños afectados polos incendios no concello de O Barco de Valdeorras, con dispoñibilidade inmediata, para realizar os trámites de solicitudes de axuda, memorias, proxectos de reconstrucción, xustificación de subvencións…
O Concello de O Barco de Valdeorras, en relación co incendio forestal que afectou a ese término municipal o pasado mes de xullo, que causou danos en 35 construccións das cales 22 figuran como Vivendas en Núcleos Rurais deste Concello, solicitu a colaboración deste Colexio para aceptar os encargos dos veciños, dado que a maioría das viviendas se atopan en estado de Ruina Técnica Total, polo que a súa reconstrucción deberá ampararse nunha Licencia Municipal en no Proxecto Técnico dun Arquitecto.
Por outra parte, a Xunta de Galicia, ven de publicar varias convocatorias de axudas destinadas a paliar os danos provocados polos incendios en Galicia, entre outras, nas vivendas e no seu enxoval doméstico e en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís. Para optar a ditas axudas, é preciso adiantar memorias asinadas por técnicos competentes.
Neste sentido, atendendo a petición do Concello, a Xunta de Goberno determinou realizar esta convocatoria.
Tanto os honorarios coma o resto de condicións dos encargos serán establecidos polo encargante directamente co/coa colexiado/a que seleccione e que acepte a realización do encargo. O Colexio non se responsabiliza da xestión e desenvolvemento do encargo recibido polo designado durante a súa realización nin da xestión económica co cliente.
CARACTERÍSTICAS
O listado terá as seguintes características:
- A relación de integrantes do listado figurará por orde de inscrición.
- Os datos de contacto dos inscritos facilitaranse ao Concello de O Barco para que os poñan a disposicións dos veciños afectados.
- O listado de inscritos tamén será público e poderá consultarse en aberto na web colexial.
- A inscrición poderá realizarse en calquera momento mentras persista a situación que motiva a elaboración do listado.
INSCRICIÓN: REQUISITOS, FORMA, ELECCIÓN E PRAZO
Poderán inscribirse tódolos arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, quedando excluídos:
- Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.
- Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
- As sociedades profesionais.
Máis información na Circular 17 2022.