Presentámosche o CLUB DE LECTURA HAIMULLERES, dende o vindeiro abril cada terceiro mércores de cada mes a través dun directo de instagram/facebook falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.
Esta actividade abrirá o COAG a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de contar crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.
Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.
A primeira convidada será a arquitecta María Novas Ferradas coa que conversaremos sobre a súa obra “Arquitectura y género. Una introducción posible”, editado por Melusina en novembro de 2021.
Data: 20 de abril ás 20:00.