O obxectivo desta charla – taller é dar as pautas e rutinas necesarias para mellorar a produtividade dos profesionais vinculados á arquitectura, a construción e a sustentabilidade, tanto se están a iniciar a súa traxectoria laboral coma se xa levan varios anos exercendo a profesión. Esta xornada, dirixida polo arquitecto e arquitecto técnico Lorenzó Barnó, centrarase nos patróns que é preciso adoptar para aumentar o noso rendemento laboral, investindo o tempo xusto e necesario e afastando todo aquilo que reduza a nosa eficacia profesional, e de cómo a Intelixencia Artificial pode axudarnos a ser máis eficientes.
Relator:
Lorenzo Barnó é arquitecto técnico (UN 1997) e arquitecto superior (UPV 2003). A súa actividade profesional fundaméntase na investigación, a realización de proxectos arquitectónicos e a publicación e comunicación de arquitectura. O seu estudio de arquitectura Stepienybarno foi premiado en varios concursos de arquitectura, e son redactores e editores de varias publicacións dixitais e blogs de arquitectura propios como Stepienybarno ou Sinerxia Sostible. Tamén se dedican á consultoría e xestión de Identidade Dixital, imparten cursos especificamente deseñados para arquitectos sobre Internet, social media, redes sociais e a nova era dixital.
Data:
Venres, 28 de xuño, de 11:30 a 13:30.
Modalidade:
En liña.
Esta xornada plantéase dende un enfoque eminentemente práctico, polo que para a participación na mesma será preciso contar cun equipo que dispoña de micrófono e cámara, que permita interactuar co resto de asistentes.
Inscripción:
O aforo desta xornada é limitado. O programa completo e a inscripción poden atoparse a continuación.
[+ inscrición e programa completo da xornada]