Xornada online de presentación da ferramenta web de cálculo TRABE

22 Out 2020

Dende PEMADE-USC comprácenos en convidalo/a á xornada online de PRESENTACIÓN DA FERRAMENTA WEB TRABE PARA O CÁLCULO ESTRUTURAL DE PRODUTOS EN MADEIRA, que se desenvolve dentro do marco do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o cal ten como obxectivo a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

A xornada online terá lugar o día 28 de outubro ás 12:00 h. Para a súa asistencia é necesario inscribirse no seguinte formulario: Inscrición

Unha vez inscrito/a recibirá, na dirección de correo electrónico facilitada, o enlace co acceso á xornada online. Este será enviado dous días antes da celebración do evento.

PROGRAMA:

  • 12:00 h Benvida
    D. José Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
  • 12:10 h Exposición: Presentación da ferramenta web Trabe para o cálculo estrutural de produtos en madeira
    D. Manuel Guaita, Director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (USC)

Compartir