O vindeiro 20 de febreiro, ás 17,30 horas, terá lugar esta xornada no salón de actos do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, dentro do ciclo “En modo conversa”.
O Consello da Cultura Galega quere, con esta actividade, render unha homenaxe a este grande artista que foi Leopoldo Nóvoa no cen aniversario do seu nacemento. Un galego da diáspora, sen dúbida un dos nosos artistas máis internacionais.
Contará coa participación de Celestino García Braña, arquitecto e vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes, e Adolfo Sobrino, galerista, coa moderación de Rosario Sarmiento, co-coordinadora da xornada. Tamén se proxectará o documental “Novoa 1919-2019”, dirixido por Xurxo Lobato e producido polo Museo de Pontevedra.
A inscrición é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala (100 persoas).
Aquí podes facer a túa INSCRICIÓN e consultar aquí os horarios no PROGRAMA en pdf.