Ao abeiro da subvención outorgada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para o desenvolvemento de actividades formativas en materia de metodoloxía BIM, os Colexios de Arquitectos de Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla y León Este, Ceuta, Ciudad Autónoma de Melilla, Galicia, La Rioja, León e Vasco-Navarro organizan conxuntamente este taller, que ten como obxectivo que os alumnos coñezan, mediante o seu desenvolvemento práctico, os diversos procesos implicados na aplicación da metodoloxía BIM á rehabilitación de edificios, visibilizando a adecuación e vantaxes que presenta a metodología BIM cando nos enfrontamos a traballos de intervención en edificios existentes dende a fase de toma de datos previa, modelado do estado actual e estado reformado da edificación, intercambio de información e representación.
- Duración: 45 horas
- Coñecementos previos: aínda que é recomendable, non é requisito para a realización deste curso ter coñecementos sobre metodoloxía BIM
- Modalidade: online
- Prezos de matrícula:
- 20€ para arquitectos colexiados en cualquera colexio de España
- 50€ para o resto de alumnos
Máis información e inscrición AQUI