Próxima celebración na ETSAC do 6th Simposio Formal Methods in Architecture

18 maio 2022

Os vindeiros 25, 26 e 27 de maio próximos celebrarase na ETSAC o 6th International Simposium Formal Methods in Architecture. Esta é unha reunión científica na que se aborda a utilización de procesos formais cuestionándose os límites das ferramentas dixitais existentes.

Os seus ámbitos científicos inclúen, entre outros:
  • a obtención, xestión e organización dixital de información espacial,
  • as análises arquitectónica e urbana,
  • a representación, a visualización e o modelado dixital, así como
  • as realidades virtual e aumentada e as súas gramáticas e ontoloxías.
Trae destacados keynote speakers, entre eles Josep Muntañola, precursor na teorización dos métodos formais na arquitectura.
A organización do Simposio nos comunica que o prazo último de inscrición para asistentes conclúe ás 23:59h do vindeiro venres 13 de maio, con tarifas especiais para colexiados e colexiadas COAG.

Compartir