Xornada “Arquitectas de Lugo tralas pioneiras. Seis xeracións”- 19 de outubro, 19,00 h. Fundación Abanca, Lugo.
No mes dos actos do Día Mundial da Arquitectura e no marco da celebración do 50 aniversario do COAG, a Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos organiza a xornada “Arquitectas de Lugo tralas pioneiras. Seis xeracións”. Será o 19 de outubro na Fundación Abanca de Lugo, ás 19:00 horas. Diferentes arquitectas (Laura Campoy Vázquez, Mª Ángeles Castro Dapena, Cristina López Eimil, Patricia Vázquez Mille e Sofía Prósper Díaz-Mor). Estas arquitectas falarán da súa experiencia no exercicio da profesión nun faladoiro presentado pola presidenta da Delegación de Lugo, Carmen Figueiras Lorenzo. Ademais, participará a graduada en Arquitectura Andrea Sánchez Vázquez, que realizou o seu Traballo Fin de Grao sobre a traxectoria destas seis arquitectas.
Este acto é aberto ata completar aforo e tras a celebración do acto, sobre as 20.30 horas ofrecerase un viño e pincho para compartir unha chara amena cos asistentes.