Mesa de ideas: Abordar a crise humanitaria dende a construcción civil – 17 de marzo, 12,30 h.

16 Mar 2022

Celebrarase na planta -2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura Universidade da Coruña, reunindo a membros das comunidades académicas relacionadas coa construción civil como son Arquitectura, Enxeñería de Camiños e Arquitectura Técnica con actores da axuda humanitaria. 

Ten por finalidade obter unha resposta académica e técnica, ben fundada, ante as situacións de crise humanitaria. 

Contamos con vós!

Actores participantes:  

Direccións, profesorado, investigadores e estudiantado das Escolas de Arquitectura, Arquitectura Técnica e de Enxeñería de Camiños da UDC xunto co Colexio de Arquitectos de Galicia e axentes da axuda humanitaria (técnica) como a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC; Cruz Vermella, Cooperación Galega, Arquitectura sen Fronteiras e Enxeñería sen Fronteiras. 

Relación detallada de participantes

 

Direccións das Escolas de Arquitectura, de Enxeñería de Camiños e de Arquitectura Técnica  
Direccións dos departamentos de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica e Departamento de Enxeñería Civil. 
Coordinación do Mestrado en Restauración Arquitectónica. 
Coordinación do Grao en Paisaxe. 
Grupo de igualdade da ETSAC
 
Amparo Casares, Profesora ETSAC e vicerreitora de infraestruturas da UDC 
Elena Ampudia, Decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia 
Carolina Diz, técnica en cooperación e Axuda Humanitaria da Cooperación Galega da Xunta de Galicia 
Vanessa Míguez, técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da UDC. 
Juan Pérez Valcárcel, catedrático e profesor emérito ETSAC, investigador en refuxio de emerxencia 
Patricia Muñiz, profesora da materia Hábitat Básico da ETSAC, especialista en Campos de Refuxio 
Javier López Rivadulla, profesor da EU Arquitectura Técnica 
NON SOMOS OVELLAS, delegación de estudantes da ETSAC 
FETSAC, colectivo estudantil da ETSAC 
Daniel Fernández Sanjurjo; Responsable Autonómico Emerxencias da Cruz Vermella Española 
Arquitectura sen Fronteiras Galicia
Enxeñería sen Fronteiras Galicia 
Silvia Naveira, arquitecta, especialista en emerxencia en terreo.

Compartir