Jornadas técnicas presentación – PORCELANOSA

6 xuñ 2022

ULTIMOS DÍAS DE INSCRIPCIÓN

 COAG _  VIGO 

Xoves 09 de xuño ás 18:00 h.

PORCELANOSA Galicia, impartirá unha xornada técnica presencial na Delegación do Coag en VIGO para presentar novidades en fachadas e baños industrializados. Solucións técnicas inspiradas en cerámica.

A marca PORCELANOSA está asociada principalmente á produción de baldosas cerámicas de calidade para baños, cociñas, pero tamén, para calquera tipo de pavimento e fachada. Para facilitar a aplicación das súas diferentes coleccións, Butech, a filial de PORCELANOSA para os materiais e técnicas de colocación, desenvolveu diferentes sistemas de fachada, principalmente de tipo ventilado, que se adaptan a calquera tipo de proxecto.
Recentemente e dentro da tendencia actual do sector da construción, Butech puxo en marcha PORCELANOSA Offsite, unha liña de produción de baños industrializados completamente acabados e listos para ser instalados en obra

PRESENTACIÓN EN TRES BLOQUES PRINCIPALES :

  • Bloque I: Sistemas de fachada ventilada. Presentaranse as distintas alternativas, así como o valor que achega Porcelanosa como enxeñaría de xestión integral nos seus proxectos. Repasaranse algunhas das realizacións máis emblemáticas destes últimos anos, e farase especial énfase en proxectos singulares/especiais.
  • Bloque II: Sistemas de fachada industrializada. Butech desenvolveu e xa está a instalar nos seus proxectos un sistema de paneis totalmente terminados en taller que resolven un muro completo. Explicación técnica do sistema, revisión de requirimentos no proxecto e exemplos.
  • Bloque III: Sistemas de baños industrializados. Tamén se trata dun sistema Offsite no cal Butech ofrece unidades de baño totalmente terminadas en taller. Incluíndo todos os acabados e instalacións. Explicación técnica do sistema, revisión de requirimentos no proxecto e exemplos.

Entidade organizadora: PORCELANOSA Grupo

DATA: 09 de Junio de 2022 _ VIGO

Horario: 18h:00 a 19h:30

Ponentes:

  • José Luis Felis Ros, Ingeniero Industrial por la UJI

Precio: Inscripción Gratuita

Aforo: Limitado – Inscripción obligatoria.

Inscripción jornada : preme aquí

Web:     PORCELANOSA

 

 

Compartir