Dende o Concello de Santiago de Compostela de man do Colexio de Arquitectos de Santiago arranca este ciclo de concertos itinerantes que nace para achegar a música a espazos arquitectónicos referentes na cidade.
Cada concerto será introducido por Quico Cadaval, coa historia da localización na que nos atopamos. A música ponse ao servicio da arquitectura, adaptando cada proposta ás características do espazo.
O primeiro desdes conciertos será o de Guadi Galego Trío e terá lugar no entorno do Colexio Raíña Fabiola, o sábado 26 de marzo as 12:00.
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comenzou sendo moi nova.
No 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e dende ese momento daría paso a unha carreira que a levou por un camiño cheo de éxitos musicais como Espido (xunto a Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Xabier Díaz) ata o seu actual proxecto persoal, banda coa que está a traballar nun novo proxecto.
O ESPAZO:
Colexio Raíña Fabiola A faceta de teórico da arquitectura impregna toda a obra do italiano Giorgio Grassi. A súa idea de que os principios da arquitectura son únicos e inmutábeis reflíctese en toda a súa obra e, claro está, tamén no seu conceptual proxecto para un colexio público compostelán. Construído nunha horta-xardín, nunha beira da cidade histórica, o severo edificio amosa na súa simetría e regularidade os valores de intemporalidade que lle permiten aparecer no centro do terreo como un volume sólido, sereno, sen formas sorprendentes.
Póderase reservar entrada na seguinte ligazón:
https://reservas.gal/ producion/onde-a-musica- habita/
https://reservas.gal/