Entradas gratuitas para asistir telematicamente ao Foro Internacional UIA 2022

10 maio 2022

Tal e como se indicou na web colexial, entre o vindeiro 18 e 20 de maio, terá lugar en Madrid o Foro Internacional UIA 2022 ‘Affordable Housing Activation: Removing Barriers’ (Foro AHA 2022). A Xunta de Goberno acordou adquirir 100 entradas para asistir en liña ao evento, con acceso ao evento de Madrid en streaming e aos contidos dixitais do Foro AHA 2022 para repartir entre os colexiados que o soliciten seguindo o procedemento que se indica.

Durante tres días, do 18 ao 20 de maio, o Foro Internacional  UIA 2022 reunirá, en Madrid, a máis de 60 expertos/ as de referencia internacional, como Odile Deck, Ben van Berkel, Stefano Boeri ou  Saskia Sassen, e as representantes das principais institucións e organismos de todo o mundo para analizar o estado actual do acceso á vivenda, as barreiras que o dificultan e as posibles liñas de actuación a medio e longo prazo.

O Foro Internacional  UIA 2022 xa está activo en  ahamadrid.com, a primeira plataforma global sobre  housing. A través da web non só pódense seguir en  streaming os eventos paralelos que xa se están celebrando en todo o mundo e os relatorios e debates programados para os días 18, 19 e 20 de maio. 

As entradas asignaranse por orde de solicitude aos 100 colexiados do COAG que as soliciten conforme ás seguintes indicacións. 

  1. Poderán solicitar as entradas os colexiados persoas físicas do COAG que estén ao corrente de pagos, en plenitude dos seus dereiros como colexiados e plenamente habilitados para o exercicio da profesión de arquitecto.
  2. As solicitude deberán realizarse no formulario disponible no seguinte ENLACE á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 23:59 horas do vindeiro xoves 12 de maio.

Os interesados poderán consultar a relación de inscritos por orde de inscrición no seguinte ENLACE

Unha vez rematado o prazo, e comprobado que os inscritos cumplen os requisitos, os 100 primeiros inscritos que cumpran os requisitos indicados, recibirán o código de acceso no correo electrónico que indicasen no formulario.

Os demais inscritos pasaran a formar un listado de suplentes, ordenados por orden de inscrición. En caso de que algún dos inscritos con dereito a entrada gratuíta, finalmente desista de asistir ao evento, procederase a ofrecer a entrada aos suplentes pola orde de prelación indicado.

Compartir