Curso de introducción ás estructuras de madeira _ AMPLIACIÓN DE AFORO

7 Ago 2023

AMPLIACIÓN DE AFORO
Debido ó gran interese xerado por este curso amplíase o aforo existente. Xa se atopan dispoñibles  as novas prazas na área de matriculacion. Recoméndase aos interesados que formalicen a matrícula o antes posible debido á alta demanda.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. Ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Deste xeito, o curso está dirixido a arquitectos e perfís técnicos que desexen unha visión xeral sobre as características da madeira e a súa utilización en construcción e edificación.

Ao longo do curso, levarase a cabo un percorrido polos principais aspectos relacionados cas características técnicas da madeira, que se estruturarán nos seguintes bloques temáticos:

  • BLOQUE 1: PROPIEDADES E DESEÑO CONSTRUTIVO
  • BLOQUE 2: REHABILITACIÓN E CÁLCULO ESTRUTURAL
  • BLOQUE 3: VISITA PRÁCTIA A EMPRESAS E OBRAS 

Prezos de matrícula

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 35 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
  • Complementase con dúas visitas presenciais de carácter voluntario.
Aforo e prazos de matrícula:
  • Todas as modalidades: ata o martes 05/09/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Compartir