//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE //PRIETO PATIÑO

20 Abr 2023

O vindeiro día 27 de abril, ás 19.00 horas, rematamos a celebración da 1ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Nesta cuarta e derradeira conferencia titulada “Tomar posición”, contaremos coa intevención de Prieto Patiño (Juan Prieto e Faustino Patiño).

A conferencia celebrarase na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.

A asistencia é libre e gratuita. Non obstante, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través do seguinte ENLACE.

Compartir