Apertura e inauguración dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

7 Set 2023

O vindeiro martes, día 12 de setembro, ás 19:00 h, terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a apertura e inauguración dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

  • O acto abrirase cun recoñecemento ao labor dos Decanos e Decanas que o COAG tivo ao longo dos seus 50 anos de historia. Contaremos para iso coa súa presenza, e tamén coa dos Decanos dos Colexios de Asturias e Castilla y León.
  • A continuación, terá lugar a sinatura do Protocolo de Colaboración entre o COAG e a Consellería de Cultura, co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a posta en marcha do Arquivo da Arquitectura de Galicia.
  • Por último, con motivo deste acto inaugural, terá lugar a presentación do libro do Catedrático Emérito D. José Ramón Alonso Pereira “A arquitectura de Galicia. Dous mil anos de historia”. 

Ao finalizar o acto, servirase un ágape aos asistentes no Claustro do Museo. O aforo é limitado. 

A asistencia é libre. Con todo, para que a organización poida levar a cabo de maneira óptima, requírese inscrición previa na seguinte [+ligazón]

Compartir