O servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG organiza, o vindeiro xoves 23 de marzo, de 12:00 a 13:30, esta xornada de asesoramento on line relativa á problemática no cumprimento do Klím.
O Klim é, en ocasións, unha das esixencias máis difíciles de cumprir, tanto en obra nova como en obras de rehabilitación nas que se renova máis do 25% da envolvente térmica.
A relación entre a superficie de opacos (máis a súa condutividade) coa de ocos pode ser un condicionante total para lograr o seu cumprimento.
Tendo en conta iso, o obxectivo desta xornada é analizar esta problemática e facilitar aos arquitectos ferramentas que permitan anticipar, de maneira áxil e rápida, un “número gordo” para saber, a priori, se a formulación construtiva proxectada cumprirá o Klím ou non.
Ademais, analizaranse distintos aspectos relativos ao cálculo da compacidade e doutros valores que relacionan superficies e volumes.
Esta xornada é exclusiva para colexiados, é precisa inscrición previa no seguinte [+ enlace].
Relatores:
- Rafael Fernández Vale.
- Juan M. Ferreiro Oliva.
Servizo de asesoramento en aforro enerxético e eficiencia enerxética do COAG.