Xornada de asesoramento on line sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio

18 maio 2022

O vindeiro luns día 23 de maio, de 12:00 a 14:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento, en formato on line, sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, cuxa convocatoria se publicou no DOG do pasado luns día 16 de maio.
Durante esta xornada, exporemos os requisitos que deben cumprir este tipo de actuacións, os importes subvencionables e demais cuestións relacionadas con esta liña de axudas.

[máis información sobre esta convocatoria]

Ademais, aproveitaremos para facer unha breve presentación da páxina web da oficina de apoio á rehabilitación do COAG e os seus contidos, e do novo servizo de asesoramento especializado en materia de eficiencia enerxética, en funcionamento desde o pasado 2 de maio, gratuíto para todos os colexiados.

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ enlace].


Bases reguladoras:  Real Decreto 853/2021
Convocatoria: Resolución
Páxina de información do IGVS: Página web
Sede electrónica para solicitar a axuda: Sede
Guía das axudas para rehabilitación enerxética: Guía para as axudas
Consultas técnicas sobre eficiencia enerxética: Realizar consulta
Consultas sobre tramitación de axudas:
Oficina de Rehabilitación de Vivenda da Xunta: 881 045 897
Correo-e de consultas: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal

Compartir