Xornada de asesoramento on line sobre o programa de axuda á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

2 xuño 2022

Hoxe, xoves día 2 de xuño, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento, en formato on line, sobre o programa de axuda á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, , cuxa convocatoria se publicou no DOG do pasado luns día 16 de maio.
O obxectivo deste programa é o impulso á implantación e generalización do libro do edificio existente para a rehabilitación, mediante unha subvención que cubra parte dos gastos de honorarios profesionais pola súa emisión, así como o desenvolvemento de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios de acordo cos límites establecidos, co propósito de activar a demanda dunha rehabilitación enerxética significativa e de alta calidade nos edificios, que permita cumprir os obxectivos europeos que vimos e impulse a actividade do sector da construción e o inmobiliario a medio e longo prazo.

[máis información sobre esta convocatoria]

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ enlace].


Bases reguladoras:  Real Decreto 853/2021
Convocatoria: Resolución
Páxina de información do IGVS: Páxina
Sede electrónica para solicitar a axuda: Sede
Plantilla editable do LEE: Plantilla
Guía para a elaboración do LEE: Guía
Guía das axudas para rehabilitación enerxética: Guía
Consultas técnicas sobre eficiencia enerxética: Consultar
Consultas sobre tramitación das axudas:
Oficina de Rehabilitación de Vivenda da Xunta: 881 045 897
Correo-e de consultas: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal

Compartir