Xornada de asesoramento on line IGVS-COAG sobre axudas para rehabitación enerxética de edificios existentes

5 Abr 2022

O vindeiro venres 8 de abril, de 12:00 a 14:00 horas, o COAG celebrará a segunda das xornadas de asesoramento, en formato online, relacionadas coas axudas á rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Nesta segunda xornada, levarase a cabo unha exposición xeral sobre as diferentes liñas de axuda para actuacións encamiñadas á rehabilitación enerxética de edificios existentes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A exposición correrá a cargo de María José Paniagua Mateos, Xefa do Sevizo de Calidade do IGVS.

Contidos da xornada:

– Axudas á rehabilitación enerxética de edificacións:

  • Programa PREE 5000.
  • Programa de axudas a VIVENDA.
  • Programa de axudas a nivel EDIFICIO.
  • Programa de axudas a nivel de BARRIO.
  • Programa de axudas á CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS EN ALUGUER SOCIAL en edificios enerxéticamente eficientes.

– Financiamento das obras e medidas fiscais.

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ enlace].

Compartir