O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana acaba de publicar este 15 de xullo unha versión do Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade do Código Técnico da Edificación, acompañada de novos comentarios ao obxecto de servir de axuda na aplicación da normativa. Ademais, o pasado decembro, tamén se publicaron versións comentadas dos DB-HS Salubridade e DB-HE Aforro de Enerxía.