A MELLOR VERSIÓN DO TEU EDIFICIO

2 xuñ 2023

Os arquitectos lanzan unha campaña para asesorar sobre a rehabilitación integral de vivendas e as axudas dispoñibles.

  • O obxectivo do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) é informar sobre as obras de rehabilitación como vía para mellorar as condicións de eficiencia enerxética, accesibilidade, confort e habitabilidade do parque de vivendas do noso país. Os particulares e comunidades de veciños poden beneficiarse de axudas de ata o 80% do custo da obra.
  • O CSCAE pon ao dispor de particulares e comunidades de propietarios a web www.lamejorversion.es, que reúne información sobre os beneficios da rehabilitación, as axudas públicas e as vantaxes de contar cun/a arquitecto/a que xestione o proxecto de forma integral.
  • Con esta iniciativa, os arquitectos/as reivindican a visión integral necesaria para ofrecer un diagnóstico rigoroso das necesidades da vivenda ou edificio e as solucións adecuadas para optimizar recursos.

Pica en cada ligazón:
A web
YouTube
Nota de prensa

Compartir