O xoves 20 de xaneiro en horario de 19.00 a 20.30 en formato ONLINE comentaremos a problemática do radon, a súa importancia para a saúde das persoas, as tecnoloxías e formas actuais de mitigación.
Que é, como se mide, como nos afecta, cal é o marco legal de referencia e a súa evolución son algúns dos puntos que imos tratar.
Este encontro promovido por eZero Enxeñería e moderado por Laura Muñiz (xefa de proxecto) contará coa colaboración de dous especialistas na materia, a doutora Laura Mezquita, oncóloga especializada en cancro laboral e o doutor Jose Luís Gutiérrez Villanueva, Doutor en ciencias físicas pola universidade de Valladolid, especialista na medida de gas radon da empresa Radonova Laboratories AB e membro fundador de ERA (European Radon Association).
A nosa contorna é fundamental para a saúde, polo que o obxectivo desta xornada é dar a coñecer o impacto que ten e contribuír a ampliar o coñecemento dos técnicos á hora de enfrontarse a este problema e desta maneira aumentar a calidade das edificacións nas que vivimos.
Entidade organizadora:
eZero Ingeniería
Relator:
Laura Muñiz Ardura. Jefa de proyecto
Data:
Xoves 20 de xaneiro
Horario:
De 19:00 a 20:30 horas
Prezo:
Inscrición gratuita
Máis información e inscrición:
Pique aquí
Web:
http://www.ezeroingenieria.com
Requisitos:
É necesario un equipo con conexión a internet. A plataforma utilizada é zoom e o acceso á xornada será previa inscrición