Actualización maio 2023 | A presente actualización publícase para incorporar as modificacións recollidas na consolidación do RDL 19/2021 como Lei 10/2022, do 14 de xuño, e as ampliacións de prazos para aplicación de deducións introducidas polo RDL 18/2022, do 18 de outubro.
Nesta guía os profesionais da arquitectura atoparán información actualizada sobre a tributación e bonificacións existentes para actuacións de rehabilitación e as súas axudas económicas, ademais de numerosos exemplos que permitirán comprender a súa aplicación de forma práctica.
O obxectivo dos redactores desta guía é ofrecer unha información completa e didáctica sobre a tributación e as súas bonificacións en actuacións e axudas á rehabilitación para facilitar aos e as profesionais da arquitectura unha ferramenta máis para impulsar a Onda de Rehabilitación.
Para descargar a guía pique AQUÍ