Convocatoria do Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, PREE 5000

10 Nov 2021

No DOG do 4 de novembro, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation, para o ano 2022, con carácter plurianual.

Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000). Así, entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes nos que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución rexeranse polas bases reguladoras contidas no Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións para outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes; e tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

LIGAZÓN AO DOG

Compartir