O mércores 23 de abril de 12:00 a 13:30 horas, Ana Belén García de la Fuente falaranos sobre o Informe de Validación Gráfica (IVG), un documento electrónico que recolle tanto a xeometría da parcelación proposta, como do parcelario catastral afectado e que ademais indica se o parcelario proposto respecta a delimitación que consta na cartografía catastral. Estes IVG, utilizados nas comunicacións que os notarios e rexistradores realizan ao Catastro, poden ser usados polos cidadáns como documentación no inicio de trámites catastrais que inclúan modificacións no parcelario (unións e particións de parcelas, reparcelamentos…).
O achegar esta documentación en trámites catastrais referidos a modificacións no parcelario, ao incluír unha representación georreferenciada da nova parcelación, proporciona unha maior garantía de que o que se vai a incorporar á base de datos catastral é exactamente o solicitado por quen insta o trámite, alén de axilizar a tramitación e reducir os seus tempos.
Agora pódese utilizar o editor do parcelario catastral da Sede electrónica do Catastro (SEC). Esta ferramenta permite elaborar novas parcelacións tomando como base a cartografía catastral, e obter un IVG.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora