Estimad@s compañeir@s.
Dende os servizos de asesoría técnica do COAG, comprácenos presentarvos o novo ciclo de xornadas informativas #COAGconta, que teñen como obxectivo aclarar e debater dúbidas e cuestións de diferentes temáticas relacionadas co exercicio da profesión. Moitas delas son temas recorrentes que nos trasladades a través da plataforma de consultas e que nos parece interesante compartir.
Cada xornada versará sobre un tema concreto e levará adxunto un informe resumo sobre o tratado na mesma. Serán impartidas habitualmente polos arquitectos da área técnica do COAG de maneira que se xere unha interlocución máis directa entre arquitectos colexiados e colexio. O formato será curto, estímase unha exposición duns 30 minutos ademais da resolución das dúbidas que poidan xurdir.
Deste xeito, o vindeiro xoves 8 de febreiro as 12:00 horas iniciaremos este ciclo cunha xornada sobre o Estudo Xeotécnico, sobre o seu contido, para que serve, como se interpreta, titulacións habilitantes, a tramitación colexial, a autoría ou as sinaturas dixitais.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ enlace]