O xoves 20 de novembro, de 12:00 a 14:00 horas, reunirémonos de novo co arquitecto Evelio Sánchez Juncal, experto en innovación e fluxos BIM, e con Sergio Manes, coñecido divulgador e creador do canal ArqManes, para analizar a transformación dixital dos nosos estudos, onde a tecnoloxía impacta tanto no deseño arquitectónico como na xestión, a comunicación e a organización interna.
Esta mesa redonda propón unha reflexión práctica sobre como analizar fluxos de traballo, detectar estrangulamentos e adoptar solucións dixitais adaptadas a cada realidade. Trataranse temas como a combinación de software comercial e ferramentas abertas, a interoperabilidade, a automatización de tarefas mediante IA e a importancia de manter o control sobre os datos do estudo.
Un espazo para compartir experiencias e descubrir como a tecnoloxía pode converterse nunha aliada estratéxica para mellorar a eficiencia, a autonomía e a colaboración nos pequenos estudos de arquitectura.
-
- Moderador: Manuel Lajos, arquitecto – Servizo de Formación do COAG
- Evelio Sánchez Juncal: Arquitecto, experto en innovación, fluxos BIM e transformación dixital. Ségueno no podcast [Bimrras] e no seu canal de YouTube [IFC Addict]
- Sergio Manes (Arquimanes): Arquitecto, profesor, divulgador e referente en ferramentas dixitais e visualización. Ségueno no seu canal de YouTube [arqManes]
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria a inscrición no seguinte [+ ligazón]
Colabora 
