No ciclo de xornadas sobre Casos de éxito, poñemos ao alcance da sociedade galega algúns dos mellores exemplos de rehabilitación sostible de edificios, onde os arquitectos, ademais de proxectar arquitectura de calidade, obtiveron bos resultados na mellora da eficiencia enerxética e outros aspectos da sustentabilidade, como poden ser a súa integración ambiental, o uso de materiais naturais ou reciclaxes, enerxías renovables, circularidade, iluminación natural, calidade do aire, certificados de construción sostible etc. Todo iso encamiñado a lograr o confort e benestar dos usuarios, o que redundará nunha mellora da calidade de vida e a saúde de todos nós.
CASOS DE ÉXITO. REHABILITACIÓN SOSTIBLE.
01 Centro de documentación ambiental Domingo Quiroga
C/ Casares Quiroga. Pazo de Lóngora 29 15179 Oleiros
Fernando Agrasar Quiroga| María Luz Paz Agras | Marta Marcos Maroño
Para acceder á presentación pica aquí