O xoves 19 de decembro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada de información sobre o Catastro, titulada Catastro. A gran plataforma de información inmobiliaria, na que participarán os seguintes relatores:
- Victoria Fernández Estevan, Xerente rexional.
- Isidoro Miguel Pérez, Xerente rexional adxunto.
- Carlos Seijas Permuy, Xefe de sección de normalización.
A xornada ten como obxectivo facilitar o traballo dos colexiados/as que realizan ou tramitan todo tipo de expedientes, informes, proxectos, ou outros documentos nos que é preciso obter información relacionada co catastro, así como tamén mellorar o coñecemento sobre o funcionamento desta plataforma e coñecer todo o que pode ofrecer aos arquitectos/as.
Entre as cuestións que suscitan dúbidas, e que poderán ser consultadas na xornada, están aquelas que teñen que ver cos procesos de valoración de inmobles e informes periciais, as referidas aos valores de referencia, titularidade de propiedades, catastro histórico, ou información base para os proxectos, entre outras. Prevese que esta xornada sexa de gran utilidade.
DATA
Xoves 19 de novembro de 2024 – 17:30-19:30 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Xerencia do catastro da Coruña