Xornada “Cara unha nova arquitectura europea”

26 Abril 2022

Nova Bauhaus Europea plantexase como unha iniciativa da Unión Europea para que a inversión en rehabilitación de edificios se realice prantexando coma unha premisa fundamental a excelencia dos proxectos.

O Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración co Cluster da Saude de Galicia, a Escola de Arquitectura de A Coruña e o Grupo Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, organizan a xornada Cara unha nova arquitectura europea, para analizar e difundir a Nova Bauhaus Europea e coñecer o actual enfoque das axudas europeas.

Coa introdución de Roberto Costas e a presentación de Marcos Ros, arquitecto, eurodeputado e membro da Comisión sobre a Nova Bauhaus Europea, abordará a trascendencia do programa e as posibilidades de inversión nun esquema no que o compromiso medioambiental para a transformación das cidades é o principal reto.  Ao remate da presentación iniciarase un coloquio con Cristina García, profesora da Escola de Arquitectura da Coruña e Beatriz Piñeiro, quen coordinou a proposta presentada pola Xunta de Galicia na convocatoria para piloto para a Nova Bauhaus Europea. Modera o debate Luciano G. Alfaya.

No remate do acto ofrecerase un coctel-aperitivo.

Por limitación de aforo, é necesaria a inscripción en novabauhaus@axendaurbana.gal

Compartir