O mércores 4 de decembro, ás 18:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar un acto de homenaxe ao prezado arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois (1924-2019) co gallo do centenario do seu nacemento.
Neste acto, froito da iniciativa da Real Academia Galega e que vén celebrar a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega, participarán: Víctor Fernández Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.
- Charo Fernández-Albalat Ruíz, Xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e filla do homenaxeado.
- Andrés Fernández-Albalat Ruíz, Profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC e fillo do homenaxeado.
- César Portela Jardón, exprofesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
- Cristóbal Crespo González, Director no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
- Myriam Goluboff Scheps, ex-profesora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
- Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Andrés Fernández-Albalat Lois.
DATA
Mércores 4 de decembro de 2024 ás 18:30 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZAN
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Real Academia Galega
PROMOVE
Real Academia Galega
COLABORAN
DPAUC, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
Asociación cultural Flor de Santiago