Faladoiro de Arquitectura + Magosto colexial

17 Dec 2024

O venres 20 de decembro, ás 18:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arqutictos de Galicia, terá lugar un fabuloso Faladoiro de Arquitectura ao que seguirá un rico Magosto colexial!!!

Participarán no Faladoiro 5 estudios de arquitectura:

  • Alejandro Mosquera
    Mosquera
  • Mariña Jordán de la Peña
    Mariña Jordán Arquitectura
  • Jorge Pérez Vale
    Baliza Norte
  • Belén Salgado Segovia
    Bals arquitectos
  • Gutier de la Torre / Yago Liste
    Laboratorio

O Faladoiro, en formato de 5 X 15 minutos, está inspirado no elemento arquitectónico que en Galicia recibe ese mesmo nome, así como nos elementos da paisaxe que recollen a idea de lugar para falar e escoitar, como poden ser a Pena da Faladoira e a Pena da Escoitadoira; das que se di que unha pena fala e a outra escoita.

Despois do Faladoiro celebraremos un MAGOSTO COLEXIAL, con castañas recén asadas polos castañeiros da Praza de Lugo da Coruña e tortas de castaña recén chegadas dos soutos do Courel; unha forma de celebrar estas datas cun froito que forma parte dunha cultura e dunha paisaxe milenarias.

Agardámosvos a todos/as para compartir unha velada chea de amizade, compañeirismo e os mellores desexos para a nosa profesión!!!

Compartir