Delegación da Coruña – Exposición “Arquitecturas en curso 2022-23

8 xuñ 2023

Exposición organizada por: DPAUC. Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición + Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Datas: 15 de xuño – 14 de xullo do 2023O xoves 15 de xuño, ás 19 horas, inaugúrase a exposición Arquitecturas en Curso, 2022-23 na sede do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña. A exposición poderá visitarse en horario de apertura do COAG ata o 14 de xullo.

Esta iniciativa xorde do profesorado do DPAUC. Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, da ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña, cun dobre obxectivo: por unha parte, reforzar os vínculos entre docencia e profesión e, por outro, para por en valor o traballo do estudantado fóra do seu ámbito habitual co obxectivo de establecer un diálogo coa cidadanía, ademais de permitir aos futuros colexiados entrar en contacto co COAG.

No espazo da Delegación de A Coruña poderanse ver os mellores resultados acadados neste curso en materias vinculadas ás áreas proxectuais da Escola de Arquitectura de distintos cursos, resultando unha mostra do carácter experimental da diversidade de metodoloxías de traballo docente e investigador.

En paralelo á exposición na sala, unha versión virtual a modo de arquivo estará aloxada na páxina web:  https://www.udc.es/gl/arquitecturasencursodpauc/

PREGÓN INAUGURAL
Lope de Toledo

@lopedetoledo é arquitecto e comunicador.

Desde as súas contas en redes sociais divulga contidos de arquitectura para tódolos públicos e reivindica o reaprender a mirar e a desfrutar dos edificios que están presentes na vida de todos. Colabora con medios tradicionais como Radio Nacional de España, Yorokobu e El País, ten escrito e locutado un podcast para Fundación Telefónica e impartido cursos e conferencias en universidades nacionais e internacionais. No seu primeiro libro, Arquitectura de andar por casa, lévanos da man polos elementos básicos de cada fogar e cóntanos a súa historia e as súas infinitas posibilidades, axudado por referencias tan coñecidas como Friends ou os Simpson.

DATA da inauguración:
Xoves 15 de xuño 2023 – 19:00 horas

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

COLABORAN:
Asociación cultural Flor de Santiago
Lagar do Vento

Compartir