Campaña de Mobiliario Urbano para Información (MUPI) na Coruña

4 Out 2023

Dende o día 26 de setembro, e até o 10 de outubro, por iniciativa da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e grazas á colaboración fundamental do legado do Premio Nacional de Arquitectura e exdecano do COAG, Juan González Cebrián, 1908-1988, poderedes ver, por toda a cidade da Coruña, carteis alusivos á arquitectura nas paradas de bus e outros elementos de MUPI –mobiliario urbano para información–.

É a nosa maneira de achegar as mensaxes da arquitectura á cidadanía e tamén de agradecer a esta cidade liberal a forza cívica que permitiu crear institucións tan importantes como o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a ETSAC, Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes ou o Ilustre Colexio Oficial de Avogados da Coruña, a institución civil máis antiga de Galicia.

¡Estamos de 50 aniversario!

DATAS:
26 de setembro-10 outubro 2023

LUGAR:
125 localizacións na cidade de A Coruña

COLABORAN:
Legado de Juan González Cebrián
Concello da Coruña
Fernando Agrasar Quiroga

Compartir