Arquitecturas que falan do seu tempo_ Visita guiada para colexiados/as

15 Xan 2025

Como complemento á exposición ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO. 175 Aniversario de creación da Academia Galega de Belas Artes, comisariada polos arquitectos Alfredo Sellier e Xosé Manuel Casabella López, que pode visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña, ofrécese aos colexiados/as a posibilidade de realizar unha visita guiada da man dos seus comisarios.

  • Visita guiada á exposición ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO para colexiados/as do COAG
    Martes 21 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña
    Inscrición no seguinte formulario: (https://form.jotform.com/250142136047042)
    Dispoñibilidade: 20 prazas, que se asignarán por rigurosa orde de inscrición.

Ademais, o programa conmemorativo vai acompañado das seguintes conferencias:

    • Conferencia de Luz Paz Agras, Doutora arquitecta.
      “Modernidade na Academia: das primeiras arquitectas racionalistas ata hoxe”
      Xoves 23 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña.
    • Conferencia de Jesús Ángel Sánchez García, Catedrático de Historia da Arte.
      “Maestros en el arte de construír : la fortuna de un legado”
      Venres 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña.

Máis info:

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/es/exposiciones/arquitecturas-que-hablan-de-su-tiempo

Compartir