Ampliación de horario e datas da Exposición “La ciudad y sus tesis. 1970-2020. Repositorio hitoriográfico e analítico de teses sobre as cidades ibéricas

19 Out 2023

Este sábado 21 de outubro, debido á alta demanda para ver a exposición “Las ciudades y sus tesis”, A Delegación de A Coruña estará aberta de 10:00 a 14:00 horas para permitir á cidadanía e aos colexiados que o solicitaron achegarse fora de horario laboral.

 
Ademais, ampliaranse algúns días máis as datas da exposición; éstanse axustando as novas datas co seguinte destino da itinerancia que é Madrid, onde vai ser inaugurada o 7 de novembro. Anunciaremos proximamente as novas datas.

O venres 29 de setembro, ás 19:30 horas, inaugurouse a exposición La Ciudad y sus Tesis 1970-2020 na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A exposición poderá visitarse en horario de apertura do COAG ata o 22 de outubro.

A Cidade e as súas teses é unha exposición itinerante organizada e producida por unha rede de Escolas de Arquitectura de toda España, entre as que se atopan as de Barcelona, ​​Valencia, Navarra, A Coruña e Madrid, e incluída no marco da Semana da Arquitectura. A primeira cidade en acoller esta exposición é precisamente A Coruña, grazas á iniciativa do arquitecto e urbanista Pepe González-Cebrián e á colaboración da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A mostra ibérica, así como o repositorio historiográfico do que nace, está comisariada polo arquitecto e urbanista Carles Llop, Catedrático de Urbanística e Ordenación do Territorio da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès, na Universidade Politécnica de Cataluña. E a mostra que ven a Coruña incorpora o comisariado local do tamén Catedrático desa mesma área Pepe González-Cebrián, así como dos profesores e urbanistas Enrique Seoane Prado e Jorge Rodríguez Álvarez.

O material exposto, ademais dos exemplares das teses, é fundamentalmente gráfico e recolle un extracto significativo do traballo de catalogación de teses dedicadas ao estudo das cidades, realizado dende a historiografía urbanística e os estudos urbanos –e dende un enfoque propio da disciplina urbanística: os estudos morfo-tipolóxicos e morfoxenéticos–. O repositorio está enfocado especialmente ás teses elaboradas nos Departamentos de Urbanística e Ordenación do Territorio das Escolas de Arquitectura. As teses catalogadas actualmente inclúen estudios sobre as seguintes cidades: A Coruña (5 teses), Alacante (1), Barcelona (54), Bilbao (5), Burgos (2), Cartaxena (3), Donostia (6), Xixón (1), Huesca (2), León (1), Logroño (1), Madrid (36), Málaga (6), Marbella (1), Miranda de Ebro (1), Oviedo (1), Palencia (1), Pamplona (5), Salamanca (2), Santander (1), Santiago de Compostela (1), Segovia (1), Sevilla (13), Teruel (1), Toledo (1), Tolosa (1), Valencia (26), Valladolid (5), Vigo (2), Zamora (1), Zaragoza (6).

Grazas á análise comparada das teses sobre as cidades ibéricas esta mostra ofrece unha visión retrospectiva das hipóteses formuladas polas diferentes investigacións e, ademais, permite identificar e formular retos contemporáneos e futuros sobre a investigación urbanística.

A exposición está organizada en tres seccións. Na primeira delas, amosase unha selección das teses recollidas na investigación, sintetizadas en paneis gráficos para unha mellor comprensión. Inclúe un apartado específico para as cidades galegas e algúns dos mapas máis significativos da cidade da Coruña. A segunda sección denomínase “As cidades, datos e relatos. 45 anos de expansión urbana de España” e amosa unha serie de cartografías de cidades españolas xeradas a partir dos datos dos satélites Sentinel e Landsat, elaboradas polo estudio barcelonés 300.000 Km/s co obxecto de analizar a evolución dos ámbitos urbanizados e a distribución da poboación sobre estes. Finalmente, a terceira sección exhibirase na biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura, onde se poderá consultar fisicamente unha selección das teses recollidas no estudo.
Exposición La ciudad y sus tesis 1970-2020

Exposición La ciudad y sus tesis 1970-2020

DATA da inauguración:
Venres 29 de setembro 2023 – 19:30 horas

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

COLABORAN:
Asociación cultural Flor de Santiago
Lagar do Vento

Compartir