Dentro da colaboración de Tejas Verea como entidade patrocinadora dos premios PRÓXIMOS e do ciclo homónimo de conferencias, temos o pracer de convidarvos a unha visita ás instalacións da empresa, que terá lugar o vindeiro 26 de novembro en Lanza, s/n, no concello de Mesía (A Coruña).
A xornada, cun horario estimado de 16:45 a 20:00 horas, ofrecerá a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións, os procesos de fabricación e a actividade de Tejas Verea, ademais de recibir información de primeira man sobre os seus diferentes sistemas construtivos.
Ao remate da visita haberá un pequeno ágape, que servirá tamén para estreitar a relación de colaboración entre Tejas Verea e o oficio. Coa visita quérese poñer en valor o compromiso da empresa co tecido empresarial e profesional do territorio, así como a súa implicación en iniciativas que contribúen a divulgar, dar a coñecer e recoñecer o traballo que se desenvolve no noso ámbito.
Agradecemos de maneira especial a Tejas Verea que nos abra as portas da súa fábrica e comparta connosco esta experiencia, que permitirá coñecer de preto a realidade da empresa e crear un espazo de diálogo e intercambio entre as persoas asistentes.
Data: 26 de novembro
Horario: 16:45 – 20:00 h (aproximadamente)
Lugar: Instalacións de Tejas Verea, Lanza, s/n, concello de Mesía (A Coruña)
Agardamos contar coa vosa presenza nesta xornada, enmarcada na colaboración e no apoio de Tejas Verea aos Premios PRÓXIMOse ao ciclo homónimo de conferencias.
